O embaixador de Taiwan eloxia a cidade de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
O embaixador de Taiwan en España, Simón Ko, visitou este martes o Concello de Pontevedra onde foi recibido polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
No seu currículo este representante diplomático atesoura unha longa experiencia na que destaca ser viceministro de Relacións Exteriores do goberno taiwanés. Domina o idioma español xa que pasou media vida en América Latina, foi embaixador en Panamá, máximo representante na oficina de Taipei en Colombia e director xeral para América Central e do Sur do Ministerio de Asuntos Exteriores do seu país.
Esta bagaxe fai máis valiosas as súas palabras de eloxio á cidade de Pontevedra da que dixo "estoy impresionado. Sentí algo diferente, muy especial, al pasear por Pontevedra y pensar en las ciudades de mi país, tan contaminadas, con problemas para abastecer luz y agua a toda la población. Lo que más me llamó la atención de esta ciudad es el tratamiento de los espacios públicos, tan limpios y tan acogedores".
"Es una ciudad muy funcional, muy humanitaria; yo estoy cualificado para vivir aquí porque me encanta caminar", afirmou o embaixador taiwanés.
Simón Ko falou este martes na Casa das Campás sobre a situación política no seu país convidado polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional dando continuidade á visita que fixo o ano pasado unha delegación da oficina cultural de Taiwan a Pontevedra en colaboración coa Universidade de Vigo.
Relacionadas:
-
Simón Ko, embaixador de Taiwan en España: "Pontevedra ten moito espazo público para a xente. É interesante"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Un premio en Shenzhen e unha conferencia en Pekín, novos fitos de Pontevedra na China
Por Alejandro Espiño |
-
Taiwan e Pontevedra, unidos a través do arte
Por Redacción |
-
"Gústanos moito a cultura española, non só o flamenco"
Por Alejandro Espiño |
-
O campus estreita lazos con Taiwán
Por Redacción |
-
"Panoramas en Taipei", novo ciclo de cinema na Casa das Campás
Por Redacción |