La Festa do Marisco do Grove xa ten cartel para a edición de 2018
Por Redacción
Ao tempo que se celebra a actual Festa do Marisco, como vén sendo habitual o Concello do Grove desvelou a imaxe que este evento gastronómico de referencia en Galicia terá para o próximo ano. Será, ademais, unha edición especial. Cumprirá 55 anos.
O coruñés Antón Lezcano foi o gañador do concurso de carteis convocado para elixir a imaxe da próxima Festa do Marisco.
Baixo o lema de "Esmeca" presentou unha proposta composta pola carta náutica da zona do Grove e un centolo que recolle a meirande parte dos barrios da localidade. O xurado valorou este guiño a estrutura local do Grove combinado coa coidada composición tipográfica.
O cartel foi presentado dentro do programa de actividades da festa. O premio ascende a 500 euros logo da mellora das bases do concurso.
Antón Lezcano tamén deseñou o cartel da actual edición da festa pasando así ao exclusivo grupo de artistas e deseñadores que teñen conseguido máis dun premio.
A partir de agora comezará a distribución da cartelería e a colocación de vallas e material publicitario para dar a saída á promoción da LV Festa do Marisco do vindeiro ano.
Relacionadas:
-
A Festa do Marisco do Grove, a "cita gastronómica máis importante de España" para Air Europa
Por Redacción |
-
O 12 de outubro marca un récord histórico na Festa do Marisco
Por Redacción |
-
O Restaurante Atrio gaña o premio nacional de gastronomía tradicional "Lola Torres"
Por Oskar Viéitez |
-
O Grove, protagonista dunha nova postal de Correos
Por Redacción |