O Restaurante Atrio gaña o premio nacional de gastronomía tradicional "Lola Torres"
Por Oskar Viéitez
O Restaurante Atrio gañou o premio nacional de gastronomía tradicional "Lola Torres".
O xurado anunciou hoxe o gañador desta décimo sexta edición, nun acto que cada ano coincide coa LIV Festa do Marisco do Grove. O premio está organizado pola Fundación Amigos de Galicia coa colaboración do Concello do Grove, a Axencia de Turismo de Galicia, e o Centro Superior de Hostalería de Galicia.
As candidaturas presentadas sumaron este ano un total de 137, a maioría delas procedentes de Euskadi, Madrid e Andalucía. Tamén participaron nesta edición dúas do país veciño Portugal.
O CHEF ELOY CANCELA
O chef do restaurante compostelán A Horta d'Obradoiro destacará as potencialidades do produto estrela do Grove.
A exhibición culinaria, dirixida a alumnos de escolas de hostalería, estará aberta ao público xeral. Será este martes 10 de outubro ás 11:30 horas na carpa institucional da Festa do Marisco do Grove.