O Seprona rescata unha egua esfameada nun monte de Vilaboa
Por Oskar Viéitez
A patrulla do Seprona da Garda Civil de Cangas realizou este venres un auxilio a unha egua que se atopaba semi inconsciente e nun complicado estado de saúde nos montes de Vilaboa.
Segundo explicaron fontes da comandancia, a incidencia chegou a coñecemento do Seprona a través do aviso telefónico dun oficial do acuartelamento de Figueirido que, ao pasar circunstancialmente pola zona, observou ao animal tombado na cuneta dunha pista forestal.
Coa colaboración de persoal de Tragsa, que se atopabase realizando traballos de limpeza no monte, o Seprona conseguiu mover o animal e poñelo nunha situación máis cómoda sobre a pista forestal ata que chegaron os servizos veterinarios e o propietario, que puido ser localizado a través do microchip que tiña instalado o equino.
Finalmente, o animal que presentaba un avanzado estado de inanición, foi reanimado e, aínda que con dificultades, puido reincorporarse e volver ao monte.