Moreira dá un ultimátum ao alcalde para que retire o apoio ao referendo ilegal
Por Oskar Viéitez
O portavoz do Partido Popular, Jacobo Moreira, segue agardando a que Miguel Anxo Fernández Lores retire o seu apoio expreso que, como alcalde de Pontevedra, deu aos alcaldes de Cataluña posicionados a favor del referendun que a Generalitat prevé levar a cabo o próximo 1 de outubro.
"O alcalde de Pontevedra non pode arrogarse a representación de todos os veciños de Pontevedra para manifestar, no nome de todos eles, o apoio a uns alcaldes na súa intención de colaborar nun acto inconstitucional como é o referendo ilegal, que supón desobedecer o mandato do Tribunal Constitucional e dos xuíces", sinalou este venres o portavoz dos populares.
Moreira dá un ultimátum ao alcalde e advirte que "de non retirar ese apoio antes do vindeiro luns", o Partido Popular estudará a posibilidade de presentar unha iniciativa para o pleno municipal a fin de "desautorizar o apoio indecente que Lores está a dar aos alcaldes que queren violentar a Constitución Española e desobedecer aos xuíces".
"Hai moitos veciños molestos co feito de que o alcalde os involucre nunha cuestión coa que non están de acordo", manifestou Jacobo Moreira.
Relacionadas:
-
Arredor de 200 persoas amosan o apoio ao pobo catalán nunha concentración de protesta
Por Anxo Lourido |
-
O referendo de Cataluña tamén divide aos pontevedreses
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra tamén achega gardas civís para o dispositivo do referendo en Cataluña
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Lores non retirará o seu apoio ao "dereito a decidir" de Cataluña: "Eu son nacionalista"
Por Alejandro Espiño |
-
Dúas concentracións sacan á rúa as posturas enfrontadas dos pontevedreses sobre o 'procés' catalán
Por Mónica Patxot |
-
O "procés" enfronta a PP e BNG
Por Redacción |
-
O PP sinte "vergoña e repugnancia" polo apoio de Lores aos alcaldes cataláns investigados
Por Oskar Viéitez |