O plan estratéxico de Turismo estará aprobado en decembro para potenciar o sector
Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo deputado delegado de Turismo Rías Baixas, Santos Héctor, presentou as conclusións da fase de concertación do Plan Estratéxico de Turismo da provincia para o período entre 2017 e 2020.
Para esta primeira fase, desde a Deputación contouse coa participación dos concellos e da industria turística a través de enquisas, entrevistas e mesas de traballo temáticas.
Segundo Carmela Silva, trátase da primeira vez que se formula un plan destas características para a provincia reunindo a todos os concellos e ao sector privado. Con esta iniciativa quérense desenvolver as liñas de futuro, a actividade económica, o crecemento e a creación de emprego da provincia.
A presidenta provincial considera que é unha oportunidade para ser unha referencia turística. O 89% dos concellos da provincia participaron nesta primeira fase e o 100% das empresas seleccionadas para intervir nesta proposta.
Búscase un maior número de visitantes pero de maior calidade, desestacionalizar e evitar o turismo masificado. Para levar a cabo este proxecto, a presidenta da Deputación anunciou que se quere implicar á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado para ter acceso a feiras nacionais e internacionais.
A Deputación desenvolveu nesta fase de concertación 10 mesas de traballo con diferentes temáticas, 70 entrevistas con 11 concellos turísticos, 7 entidades xestoras, 11 asociacións e 41 empresas clave do sector. Ademais tamén se emitiron equisas online para 61 concellos, ás que responderon 54 e para 140 empresas, principalmente de Sanxenxo e de Pontevedra.
Relacionadas:
-
As oficinas de Turismo Rías Baixas de Pontevedra e Armenteira reeditan a súa 'Q' de calidade
Por Redacción |
-
As Rías Baixas esperan unha ocupación turística do 64% esta ponte
Por Redacción |
-
Os empresarios turísticos de Sanxenxo critican as "velocidades de vergoña" na internet
Por Oskar Viéitez |
-
O consumo avala un "extraordinario" mes de setembro para o turismo en Sanxenxo
Por Redacción |
-
VIDEO.- Queremos turistas respectuosos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O PP insta á Deputación a crear unha mesa provincial de Turismo
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación tende a man á Xunta para traballar polo turismo
Por Oskar Viéitez |