Cerdedo-Cotobade xa ten centralizados os servizos de xustiza, facenda e xerais en Pontevedra
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade deu por finalizada a centralización dos servizos de xustiza, facenda e xenerais na cidade de Pontevedra. O proceso para que Cerdedo incorporásese a todas as prestacións cidadás que xa se asumían na capital para o territorio de Cotobade levou dez meses.
Despois destes trámites, Cerdedo xa se atopa integrado no partido xudicial de Pontevedra e adherido á área da Axencia Tributaria da cidade do Lérez.
O cambio de partido xudicial provocará un incremento próximo ao 4% de causas que a sala pontevedresa terá que asumir agora coa fusión dos dous concellos. Ao longo deste mes de setembro coa actividade normalizada no curso xudicial, despois das vacacións, comprobarase como resulta esta variación.
Segundo sinalan desde o goberno de Cerdedo-Cotobade, presidido por Jorge Cubela, a distancia que terán que percorrer agora os veciños de Cerdedo para acudir a Pontevedra aumenta en cinco quilómetros o traxecto que lles supoñía achegarse á Estrada.
Estas transferencias súmanse ás dos servizos de emprego, educativos e sanitarios que Cerdedo xa tiña centralizados en Pontevedra.
Relacionadas:
-
Cubela e Balseiros, "medianamente satisfeitos" ante unha fusión que interesou a máis concellos
Por Alejandro Espiño |
-
Cotobade e Cerdedo pechan a súa última liquidación de contas por separado con 493.000 euros de superávit
Por Redacción |
-
Cotobade e Cerdedo xa son, oficialmente, un único concello
Por Alejandro Espiño |