Caldelas Xoven, música e diversión para estrear as Dores
Por Redacción
A proposta máis xuvenil da programación das Dores de Ponte Caldelas encheu de público a Alameda no inicio das festas patronais.
Caldelas Xoven contou cun cartel encabezado por Dr. Bellido, con música e animación.
Os asistentes gozaron da música de Traffic House, Dïego Mei, Gabry Domínguez, Álvaro Malvar e Kris Nouk ata pasada as 3:00 horas da madrugada, cando un canón de escuma puxo o fin de festa.
O programa das Dores continúa este sábado co Festival Folclórico e unha verbena capitaneada por orquestra Televisión.
O domingo pola súa banda será quenda para o Combo Dominicano xunto a orquestra Samba.
Relacionadas:
-
Calculan que unhas 30.000 persoas participaron nos cinco días das Festas das Dores
Por Oskar Viéitez |
-
Multitudinaria verbena do Combo Dominicano en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas reparte fichas para as festas entre familias sen recursos
Por Redacción |
-
A música enche Ponte Caldelas de vitalidade no inicio das festas das Dores
Por Redacción |