Fixan para o 23 de xaneiro do 2014 o xuízo contra o Concello pola paga extra
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra terá que presentarse o próximo 23 de xaneiro do ano 2014 no xulgado do contencioso-administrativo número 1 de Pontevedra para defender a súa actuación no complemento de productividade que abonou aos seus traballadores no mes de novembro para compensar a perda da paga extra de decembro.
O portavoz do Goberno municipal, Raimundo González, afirmou este luns que o recurso da Delegación do Goberno en Galicia responde "a unha decisión estrictamente política", xa que "non hai constancia de máis recursos pese a que outros concellos tamén compensaron a extra".
O avogado do Estado solicita co seu recurso que se anule a resolución municipal pola que se ordenou o abono do complemento de productividade e que "se condene al concello de Pontevedra a recuperar las sumas indebidamente abonadas a los perceptores adoptando cualquier medida que fuese necesaria para proceder a su reintegro a la hacienda municipal".
"ÿ unha decisión política non só porque o anunciaron públicamente senón porque ademáis incluso parte da documentación non é a que está no libro de resolucións do concello senón que era a fotocopia que levou Jacobo Moreira", afirmou Raimundo González, sinalando ao portavoz municipal do Partido Popular. Dito isto Raimundo González mostrou unha copia do libro de resolucións sinalando que as firmas e os selos veñen dun xeito e "cando vemos o que presenta a Delegación do Goberno pois están doutra meneira que é exactamente igual á fotocopia que pediu Jacobo Moreira en persoal".
Pola súa banda, o portavoz municipal do PP, Jacobo Moreira, asegurou este luns que "non recordo eu ter solicitado fotocopia de ningún expediente". O xefe da oposición sinalou que esta é "unha discusión entre dúas administracións sobre o cumprimento dunha normativa que afectou a miles de funcionarios en toda España salvo os do concello de Pontevedra".
"Son medidas que se tiveron que adoptar non seu momento e grazas a elas xa ningúen fala dun rescate a España e se non se tiveran adoptado esas medidas estariamos na mesma situación que os chipriotas", apuntou Moreira.
Finalmente, Raimundo González, asegurou que no goberno muncipal están tranquilos "porque fixemos as cousas ben".