O Concello defenderase nos tribunais da demanda do PP polas dedicacións exclusivas
Por Alejandro Espiño
A decisión formalizarase no Pleno municipal do próximo xoves, pero o goberno municipal teno claro. O Concello de Pontevedra personarase na demanda presentada polo voceiro do PP, Jacobo Moreira, para recuperar por vía xudicial as tres dedicacións exclusivas das que gozaban os populares. Quedaran só cunha tras un acordo plenario adoptado o pasado mes de xullo.
O recurso, notificado polo Xulgado ao Concello o pasado venres 7 de decembro, solicita a nulidade do acordo do Pleno, que se adoptou tras a negativa do PP de conceder unha nova dedicación exclusiva ao concelleiro do BNG Miguel Filgueira. Devandita decisión provocou a ruptura do acordo de gobernabilidade alcanzando anteriormente, polo que BNG e PSOE anulárono completamente, deixando un único soldo ao PP.
O bipartito anunciou que defenderanse da demanda presentada polos populares no xulgado dos contencioso, unha decisión cualificada polo voceiro do goberno, Raimundo González, como "un novo dislate" de Jacobo Moreira. Recordou que esta situación ten a súa orixe "no enfrentamento interno que mantén cos díscolos", polo que lle recomendou que antes de xudicializar a vida municipal "arranxe os seus problemas pola vía política ou do partido".
Outros asuntos do Pleno
Ademais, no Pleno da corporación municipal tramitarase a declaración como "non dispoñible" da partida correspondente ás pagas extra de Nadal dos funcionarios e empregados municipais, cumprindo así, segundo o Concello, o ditado polo decreto lei do Goberno central. Trátase dunha partida que supera os 983.000 euros e que quedará inmobilizada ata a liquidación do orzamento municipal, xa que "non pódese usar para outra cousa".
Pola súa banda, debaterase unha moción relativa aos recortes en Paradores, "unha empresa que en Pontevedra ten unha gran importancia no sector turístico" e o PP interpelará ao goberno municipal sobre a situación dos crematorios proxectados na cidade e sobre a súa postura ante as protestas das traballadoras de Clece, concesionaria do servizo de axuda a domicilio.
Relacionadas:
-
Varapau xudicial ao PP: a Xustiza non lle devolve as tres dedicacións exclusivas
Por Alejandro Espiño |
-
O xulgado pide máis información ao Concello sobre a retirada das dedicacións exclusivas ao PP
Por Alejandro Espiño |
-
Fixan para o 23 de xaneiro do 2014 o xuízo contra o Concello pola paga extra
Por Oskar Viéitez |