Miguel Estévez, coronel xefe da Garda Civil: "Me partió el corazón el monstruo de Moraña que asesinó a sus dos niñas"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz
Despois de case tres anos ao mando da Comandancia de Pontevedra, o coronel xefe Miguel Estévez deixa o cargo e fai balance do que foi a súa etapa como máximo responsable da Garda Civil na provincia.
"He intentado mejorar la calidad de los servicios, la seguridad ciudadana y la seguridad de todos los pontevedreses", asegura.
O seu paso pola xefatura valóraa como "positiva", destacando éxitos como a operación contra o Clan dos Morones que supuxo "una gran presión". Tamén sinala o traballo realizado pola Garda Civil de Pontevedra en asuntos como a pornografía infantil, o bullying ou o sexting, nos que "tenemos una gran sensibilidad", ou noutros como os relacionados co narcotráfico.
Con todo, aínda que a sensación é de realizar un bo traballo, estes anos deixaron algunha ferida aberta. "Lo que me partió el corazón fue el monstruo de Moraña que asesinó a sus dos niñas", recoñece con pesar por non ter podido facer nada máis nese caso, xa que "llegamos cuando ya se había producido el asesinato".
Tamén nesta liña o coronel xefe sinala a violencia de xénero como outro dos grandes puntos a mellorar entre todos, un asunto polo que "como hombre siento vergüenza ajena", declarou.
Tras deixar o cargo como máximo responsable da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, onde pasou gran parte da súa carreira profesional, Miguel Estévez afronta agora un novo reto a partir do 1 de setembro, ser conselleiro do Ministerio de Interior na embaixada española de Chile. A iso dedicarase o próximos catro anos, data na que espera ingresar na reserva e volver á cidade de Lérez para gozar de familia e amigos.
A vacante que deixa a súa praza debe ser agora publicada no Boletín Oficial da Garda Civil, estando previsto que se incorpore un novo coronel ao posto en "dos o tres meses".