Os socialistas trasladan ao Parlamento as queixas pola falta de pediatra no centro de saúde de Dena
Por Redacción
O Partido Socialista preguntou ante a Mesa do Parlamento de Galicia se a consellería de Sanidade ten previsto emendar a falta de pediatra no centro de saúde de Dena que ao do mes de xullo, e tamén agora en agosto, vén prestando baixo mínimos.
Esta iniciativa parte dos concelleiros do PSOE de Meaño, Icía García e Manuel Radío que recolleron as reiteradas queixas dos veciños pola situación do servizo de pediatría no municipio.
Segundo manifestan os edís socialistas durante o mes de xullo só se prestou servizo de pediatría un día por semana, e témese que desapareza durante este mes de agosto.
A situación repítese respecto ao ano pasado cando se presentaron 415 firmas de queixa en Sanidade.
A resposta trasladada polas autoridades sanitarias da que se fixo eco a alcaldesa, Lourdes Ucha, é que existe unha falta real de pediatras na comunidade galega para cubrir o servizo en atención primaria.
Relacionadas:
-
O Sergas nega demoras no PAC de Baltar fronte a quen denuncia que o centro de saúde está "desbordado"
Por Oskar Viéitez |
-
O PSdeG leva ao Parlamento a situación do servizo sanitario no concello de Cuntis
Por Oskar Viéitez |
-
O Sergas asegura que a ausencia de médico en Cuntis do luns foi un "caso puntual" de hora e media
Por Redacción | Creada e actualizada