As Fervenzas do Seixo estrean melloras
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade acometeu unha serie de actuacións para mellorar os accesos e a seguridade en dous puntos da ruta de sendeirismo entre Cabenca e Cavadosa. As Fervenzas do río Seixo e o Pozo Sangüento foron protagonistas de varias obras de reforma para mellorar a experiencia dos numerosos camiñantes que se achegan ata esta contorna natural para gozar da súa beleza paisaxística.
A primeira das actuacións realizábase nas Fervenzas do río Seixo, augas arriba de Cavadosa e centráronse en dar solución ao gran desnivel e difícil acceso derivado da pendente pronunciada. Instalouse unha varanda metálica que serve para protexer aos senderistas e visitantes e a construír un pequeno muro de contención que dá garantías de seguridade.
No Pozo Sangüento, situado augas abaixo do lugar de Cavadosa, desenvolveuse unha roza selectiva de maleza para favorecer a creación dunha nova zona de miradoiro natural para apreciar as vistas nas mellores condicións. Instalouse tamén, ao longo de 30 metros laterais, un valo de madeira tratada e outra de 120 metros na senda principal.
Estas actuacións realízanse de maneira conxunta coa Xunta de Galicia, que se atopa no ZEC Serra do Cando.