Os bañistas de varias praias pontevedresas recibirán educación ambiental
Por Oskar Viéitez
Educadores medioambientais desprazaranse por algúns dos areais da provincia a fin de captar a atención dos usuarios e recordarlles a necesidade de contribuír, tamén en vacacións, a unha xestión sostible dos residuos urbanos.
O principal obxectivo da campaña, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e na que colabora Ecoembes e Sogama, é incrementar as taxas de reciclaxe en Galicia e que a poboación se beneficie das súas vantaxes ambientais, económicas e sociais.
A campaña tamén estará presente noutros concellos da provincia cunha carpa informativa para instruír, asesorar e concienciar a veciños, visitantes e turistas na materia.
- Día 5 O Grove (A Lanzada), Aula móbil de 15:00 a 19:00
- Día 10 Marín (Praia de Portocelo), Aula móbil de 15:00 a 19:00
- Día 12 Vilaboa (Praia Deilán), Aula móbil de 15:00 a 19:00
- Día 19 Cotobade (Lugar A Chan-Carballedo. Durante a Festa do neno) Carpa informativa de 16:30 a 20:00
- Día 22 Bueu (Praia de Portomaior) , Aula móbil de 15:00 a 19:00
- Día 31 Meaño (Campamento de verán Praza do Concello), de 10:00 a 12:00
Relacionadas:
-
Javier Domínguez visita en Pontevedra o trailer expositivo da campaña "Oportunidades Galicia"
Por Mónica Patxot |
-
Pontevedra e Poio, na axenda de Oportunidades Galicia
Por Redacción |
-
Un colexio de Vilanova, campión do programa Recíclate con Sogama
Por Redacción |
-
Bará insta á Xunta a estender o plan compost da Deputación a toda Galicia
Por Redacción |
-
Estudantes da Escola de Forestais coñecen o funcionamento de Sogama
Por Redacción |
-
Sogama promove a reciclaxe con motivo do Día Mundial da Educación Ambiental
Por Redacción |