Unha condutora resulta ferida ao envorcar o vehículo que conducía en Caldas de Reis
Por Redacción
Unha muller resultaba ferida de levidade tras protagonizar un accidente de tráfico en Caldas de Reis. Un particular alertaba ao servizo de emerxencias de Galicia 112, entorno ás seis e cuarto da tarde, da presenza dun vehículo que envocara.
O suceso producíase na estrada do Pousadoiro, entre Caldas e Vilagarcía. Segundo informou o 112, inicialmente temíase que a muller tivese quedado atrabada dentro do vehículo. Non obstante, non foi así. Ata a zona achegáronse membros do servizo de Urxencias Sanitarias, a Garda Civil e os Bombeiros do Salnés que cando chegaron se encontraron xa a condutora fóra do vehículo. Foi trasladada en ambulancia a un centro hospitalario pero as feridas, segundo as primeiras impresións, non parecían revestir importancia.