Sanxenxo, capital mundial das "colchonetas"
Por Diego Torrado
Un ano máis, e xa van nove, a praia de Panadeira convértese no epicentro mundial do movemento de colchóns de praia máis simpático do mes de xullo. Desde o mediodía, o areal de Sanxenxo converteuse o o lugar ao que se dirixiron decenas destes colchóns de aire con formas de todo tipo.
A organización establece tres categorías para valorar os mellores disfraces. Unha de menores de 9 anos, unha segunda para menores de 10 a 14 anos e unha terceira de adultos. Prémianse tanto os disfraces individuais como os de grupos puntuando a orixinalidade.
Desta forma puidéronse ver lanzándose á auga desde enormes colchóns con figuras de animal ata orixinais inventos realizados de forma sempre divertida tentando chamar a atención dos numerosos asistentes a esta cita estival.