Denuncian que Correos está a reducir o servizo de repartición en Pontevedra
Por Redacción
UXT mostra a súa preocupación ante a redución que, segundo denuncian, está a levar a cabo a dirección de Correos no servizo de repartición na cidade de Pontevedra. Indican que se están producindo recargas inasumibles e non se cobren as baixas dos carteiros que están de vacacións nin as derivadas por enfermidade.
Desta forma, o sindicato sinala que se acumulan ata 10.000 envíos no pavillón postal da avenida de Lugo, unha situación que afecta a todo tipo de mensaxería desde notificacións oficiais, certificados ou paquetería. UXT apunta a que esta situación afecta a comerciantes e a empresas causándolles graves prexuízos.
UXT indica que o equipo desta cartería atópase nunha tensión permanente e por este motivo hai seccións que levan tres días sen repartición e zonas con máis de 7 días sen recibir correo. Con estes datos, apuntan a que se están incumprindo todos os prazos de entrega e a lei postal, que sinala que a repartición rural e urbana hai que facelo ao día.
A central sindical reclama unha solución de inmediato con reforzo de persoal para mellorar a calidade no servizo.
Relacionadas:
-
Protesta en Correos polos recortes e as contratacións "a dedo"
Por Mónica Patxot |
-
CCOO e UXT advirten da perda de 220 postos de traballo en Correos en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Ameazan con folga en Correos ante o temor de peche de oficinas rurais na provincia
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |