Protesta en Correos polos recortes e as contratacións "a dedo"
Por Mónica Patxot
Un grupo de traballadores de Correos concentrábase con pancartas este xoves ante as instalacións da oficina central en Pontevedra, situada na rúa Oliva.
O persoal reclama un servizo público de calidade e piden que deixen de realizarse recortes. Piden, ademais, que se remate coas contratacións " a dedo2 e coa acumulación de horas extra do persoal.
Desde o sindicato CGT sinalan que o servizo postal está a sufrir un importante deterioro co 25% do persoal traballando en precario, con contratos para eventuais que non superan as oito horas semanais.
Indican que, ademais, se producen continuos recortes de persoal provocando que se endurezan as condicións do resto de traballadores.
Relacionadas:
-
Os traballadores de Correos iniciarán protestas o 7 de xuño ante o abandono por parte do Goberno de Rajoy
Por Miguel Álvarez Fandiño & Anxo Lourido |
-
O alcalde da Lama traslada a súa repulsa a Correos por reducir o horario de atención ao público
Por Redacción |
-
CCOO e UXT advirten da perda de 220 postos de traballo en Correos en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian que Correos está a reducir o servizo de repartición en Pontevedra
Por Redacción |