A Sétima Feira tamén abre no verán
Por Redacción
Está oficialmente de vacacións ata despois do verán, no que se refire ao seu formato habitual no Mercado de Abastos, pero a Sétima Feira tamén abre no período estival.
Este sábado, por segundo ano consecutivo, inaugurouse a tenda efémera que dá continuidade a esta iniciativa e na que se ofrecerá un escaparate a unha vintena de novos deseñadores e artistas.
A tenda da Sétima Feira está situada no local que ocupaba a antiga Bolera, na rúa Laranxo, e permanecerá aberta ata o próximo 31 de agosto en horario de luns a sábado de 11:00 a 14:00 e de 19:00 a 22:00 horas.
As firmas que participan nesta ocasión son: LMDI Collection, Hipsterkids, Degerónimo, Estrellas o limones, Leonlagata, Doppiache, Lagasca Vintage, Xiro Atlantic Denim, Sea Bones, LLoria, Mágicos Gagarin, Pot, Miolos Design, Charriá Ceramics, Abi Castillo, Supervillano, Black Whale Project, Tom & Boy, Green Wall Gardens e Meteoro.
Durante o tempo que permaneza aberta está previsto realizar actuacións musicais en vivo de grupos como Soul Breakers, Palito, The Barn Bros, Gold & Colt, Mushu, Furious Monkey House, The Trunks, Frank, Flip Corale e Cora Sayers.
Relacionadas:
-
O espírito do Entroido invade a Sétima Feira no seu segundo aniversario
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Tenda da Sétima Feira, tamén en vídeo e en vivo
Por Mónica Patxot |
-
A antiga Bolera reabre a súas portas como tenda efémera da Sétima Feira
Por Alejandro Espiño |
-
Balance "moi positivo" do segundo ano de Sétima Feira
Por Redacción |