A Tenda da Sétima Feira, tamén en vídeo e en vivo
Por Mónica Patxot
A Tenda de Sétima, aberta este mes de xullo nas antigas instalacións da Boleira de Pontevedra na rúa Laranxo, ampliará ás súas actividades durante este verán e centrarase na música como reclamo e para dinamizar o espazo seguindo a filosofía da Sétima Feira.
Este luns, o espazo recibiu a visita do alcalde e a concelleira de Promoción da Cidade, Miguel Anxo Fernández Lores e Anabel Gulías, que fixeron un percorrido polas instalacións e departiron cos participantes sobre as diferentes actividades organizadas.
As instalacións, concebidas como unha tenda efímera, acollerán a gravación de vídeos de nove bandas de música da cidade e ofrecerán diversos eventos musicais que se poderán seguir en directo, baixo o título Life in A Tenda a través da rede social facebook.
Despois dunha primeira actividade o día da súa inauguración, o próximo 2 de agosto está prevista a gravación dun vídeo das bandas musicais Mushu, The furious monckey house e The trunks. Correrá a cargo da empresa Producciones mutantes de 19.00 a 22.00 horas e será un tema do seu repertorio en acústico. O día 16 de agosto volverá a actividade coas bandas Frank, Flip Corale e Cora Sayers.
Permanecerá aberta ata o próximo 31 de agosto en horario de luns a sábado de 11.00 a 14.00 e de 19.00 a 22.00 horas.
Relacionadas:
-
O espírito do Entroido invade a Sétima Feira no seu segundo aniversario
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Gravando un vídeo acústico a través de 'Life in A Tenda'
Por Diego Torrado |
-
A Sétima Feira tamén abre no verán
Por Redacción |
-
A antiga Bolera reabre a súas portas como tenda efémera da Sétima Feira
Por Alejandro Espiño |