Ampliar o ximnasio e construír un comedor, demandas do Concello para o colexio da Reigosa
Por Redacción
O Concello de Ponte Cadelas reiterou este venres a súa "dispoñibilidade" a colaborar coa Concellería de Educación na construción dun comedor escolar en colexio público da Reigosa.
A instalación, demandada polo colectivo de nais e pais, está á espera da redacción do proxecto por parte da Consellería, despois de que esta descartase o proxecto presentado pola administración local, segundo o Concello, que se comprometeu ademais no seu momento para financiar o 50% das obras.
Ademais o goberno local incide na "necesaria e urxente" ampliación do ximnasio do centro.
Estas peticións realizáronse tras a firma do convenio de colaboración entre o Concello e o propio centro educativo, asinado polo alcalde Andrés Díaz e a directora do colexio, Concepción Otero.
O acordo supón a achega municipal de 1.000 euros ao centro para financias actividades escolares ao longo do próximo curso.
Relacionadas:
-
O goberno local de Ponte Caldelas, disposto a asumir a construción do comedor escolar da Reigosa
Por Redacción |
-
O Concello de Ponte Caldelas asina dous convenios en beneficio do colexio da Reigosa
Por Redacción |
-
Enfado coa Xunta en Ponte Caldelas despois de que Educación confirmase que non haberá comedor
Por Redacción |