Amplían a zona azul en Sanxenxo e Portonovo para regular os aparcamentos no verán
Por Redacción
O goberno municipal de Sanxenxo acordou ampliar a zona azul en Sanxenxo e Portonovo, para aproveitar mellor as prazas de aparcadoiro durante os meses de xullo e agosto. Trátase, segundo o Concello, dunha medida consensuada con hostaleiros e comerciantes.
Aparcar nestas zonas será totalmente gratis, pero quen supere o tempo máximo (2 horas seguidas) será multado pola Policía Local, que se encargará de controlar o uso destas zonas mediante fotografías. Estas áreas estarán reguladas mediante sinais verticais e funcionarán entre as nove da mañá e as nove da noite.
Esta actuación está incluída no proxecto para o pintado da sinalización horizontal nas principais rúas de ambos os núcleos urbanos, onde se concentra a maior afluencia de visitantes durante estes meses.
A intención do goberno municipal é realizar actuacións similares no resto do Concello durante os próximos meses.
Van pintar os carrís de circulación, a liña de separación, pasos de peóns, cebreados, o zig-zag, vaos e as prazas de aparcadoiro.
En Sanxenxo pintaranse 28 rúas: Camiño Baltar, Rúa Vigo, Rúa traseira Vigo, Travesía Vigo, Rúa Rosalía de Castro, Rúa das Cunchas, Rúa Lugo, Rúa Coruña, Rúa Ourense, Rúa Luís Vidal Rocha, Rúa Fonte de Ramos, Rúa Castelao, Rúa Arnelas, Paseo Praia de Silgar, Avda. Madrid, Rúa Madrid, Avda. do Porto, Praza de Portugal, Rúa Viña da Fonte, Rúa dos Mariñeiros, Rúa dos Cesteiros, Rúa Panadeira, Rúa da Constitución, Rúa Miraflores, Avda. Pardo Bazán, Rúa Alexandre Bóveda, Rúa Ricardo Santos e Rúa Poetas Galegos.
En Portonovo pintaranse 32 rúas: Rúa Infantería da Mariña, Rúa Virxe do Carme, Rúa Coruña, Rúa Lugo, Rúa Ourense, Rúa Pontevedra, Rúa río Baltar, Travesía río Baltar, Rúa Campo Baltar, Zona Mercadillo, Rúa PEI-10, Rúa Rafael Picó, Avda. Pontevedra, Rúa Ourense, Praza do Enxido, Rúa da Perla, Rúas PEI 2-3, Camiño Canelas, Avda Loureiros, Rúa Loureiros, Rúa Fonte do Ouro, Adva. Areal, Trav. Areal, Entorno praza de abastos, Rúa Espiñeiro, Rúa Ponte, Rúa Areal, Rúa Lalinde del Río, Trav. Lalinde del Río e Rúa da Mariña.
Está previsto que as obras se inicien esta semana e desenvólvanse ao longo do mes de xullo. Realizaranse polas noites para molestar o mínimo posible a vehículos e peóns.
O orzamento de execución dos traballos de pintado ascende a 53.207 euros e será financiado mediante un convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Sanxenxo.
Relacionadas:
-
Os comerciantes de Sanxenxo están satisfeitos coa zona azul pero non coa Feira Multisectorial
Por Redacción |
-
O guindastre poderá retirar coches mal estacionados na zona portuaria de Portonovo
Por Redacción |
-
Case 130.000 euros para mellorar 193 quilómetros de sinalización en estradas do Salnés
Por Redacción |
-
Estudan que os traballadores e autónomos de Sanxenxo aparquen no verán na praza do Mar a prezos alcanzables
Por Redacción |