Os comerciantes de Sanxenxo están satisfeitos coa zona azul pero non coa Feira Multisectorial
Por Redacción
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, reuniuse con representantes da asociación de comerciantes Entretendas cos que falou da feira multisectorial. Os comerciantes explicaron que esta iniciativa aféctalles negativamente respondéndolles o rexedor que é consciente que a maior beneficiaria pola feira é a hostalería de Portonovo.
En canto á zona azul ambas as partes coinciden no beneficio desta medida.
A directiva da asociación móstrase satisfeita coa decisión tomada, pois "garante o movemento dos vehículos estacionados e facilita o acceso aos comercios". Aseguraron que antes de adoptarse esta medida a xente non paraba en determinados comercios por ter problemas para estacionar.
Relacionadas:
-
Rodríguez Búa reclama o certificado técnico das casetas da feira multisectorial de Portonovo
Por Oskar Viéitez |
-
Empezan 58 días de feira en Portonovo, máis tempo que nunca
Por Oskar Viéitez |
-
O guindastre poderá retirar coches mal estacionados na zona portuaria de Portonovo
Por Redacción |
-
Amplían a zona azul en Sanxenxo e Portonovo para regular os aparcamentos no verán
Por Redacción |