O parking de Veteris sairá a concurso público por 68 anos
Por Alejandro Espiño
Tras anos de trámites administrativos e mesmo procesos xudiciais, a regularización da situación urbanística de parking do edificio Veteris, na rúa Antón Fraguas, está cada vez máis preto. O Concello está a ultimar o concurso público para que unha empresa poida explotar o aparcadoiro, vía concesión, por un período de 68 anos.
O edil de Patrimonio, Vicente Legísima, explicou que o goberno municipal confía en poder convocar este concurso antes de final de ano.
As empresas interesadas deben estar dispostas a pagar un canon inicial de 3.263.377 euros, a indemnización que habería que pagar á actual concesionaria se non é a elixida no concurso pola liquidación da adxudicación anterior.
A partir de aí, terán que satisfacer un canon anual de 24.000 euros. Ao longo de toda a concesión supoñería 1.632.000 euros para as arcas municipais.
A Xunta de Goberno, tras o informe favorable de Intervención, aprobou xa o proxecto e os pregos técnicos e administrativos deste concurso. A partir de agora, ábrese un prazo de exposición pública dun mes para a presentación de posibles alegacións.
Mentres tanto, o aparcadoiro seguirá aberto nas mesmas condicións. Actualmente está baixo tutela xudicial, explicou Legísima, polo que o Concello debe informar a un xulgado de Pontevedra dos trámites que se producen cada mes con respecto á súa situación.
Relacionadas:
-
O parking de Veteris, de novo en punto morto
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello convidará un mínimo de tres empresas para optar á xestión do parking de Veteris
Por Redacción |
-
Tres empresas interésanse de novo pola xestión do parking de Veteris
Por Alejandro Espiño |
-
O parking de Veteris, sen noivas
Por Alejandro Espiño |
-
Suma e segue no cumprimento da sentenza do estacionamento de Veteris
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O aparcamento público de Veteris non terá que someterse a tramitación ambiental
Por Redacción |
-
Urbanismo impulsa os trámites para culminar o polígono da Granxa do Vao e regularizar o aparcamento de Véteris
Por Redacción |