Funcionarios "achicharrados" reclaman a climatización urxente da Audiencia Provincial
Por Oskar Viéitez
Os sindicatos aseguran que os funcionarios de xustiza "en moitas ocasións e ó largo de todo o territorio autonómico", vense obrigados a traballar en condicións "inhumanas e degradantes, ben por calor ou ben por frio" sufrindo o que chaman un "estrés térmico".
É o caso do baixo cuberta da Audiencia Provincial de Pontevedra onde as temperaturas que se chegan a alcanzar "incumplen toda normativa de riscos laborais" un problema que "parece non importarle a ninguén na Xunta de Galicia", di o sindicato SPJ-USO.
Estes representantes dos funcionarios esixen que se proceda á dita climatización "á maior brevidade posible", xa que lles consta que a administración dispón dunha partida presupuestaria de 15.000 euros para este ano con cargo ó plan FEDER como así se publicitou, e así se nos dixo na última xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde.
"Non nos serve como excusa que o edificio da Audiencia Provincial sexa un edificio provisional e supeditado á construcción do novo edificio xudicial de Pontevedra, e menos cando a administración recoñece que este ano se farán ás obras con cargo a dito plan FEDER, pero tamén recoñece que non se farán antes do verán por trabas burocráticas e formais".
Na planta terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra encóntranse os Xulgados do Social 1, 2 e 3, así como o Xulgado do Mercantil número 2, e é no caso deste último onde as temperaturas alcanzan cotas máximas dado que o dito xulgado ten todas as súas dependencias na zona baixo cuberta.
A día de hoxe dispoñen duns climatizadores antigos que "só funcionan para facer ruido", polo que os funcionarios optan por aguantar o calor antes ca encendelos e aguantar ese ruido insoportable durante as horas que dura a xornada laboral.
Se non se lles da unha solución os sindicatos acudirán á Inspección de Traballo de Pontevedra para que proceda á instrucción do oportuno expediente.