A Xunta comprométese a resolver os problemas de climatización na Audiencia
Por Redacción
Dúas semanas. É o prazo no que a Xunta de Galicia iniciará unha actuación para combater os problemas de climatización que se viven na Audiencia de Pontevedra, denunciados nas últimas horas polos sindicatos do sector da xustiza.
O goberno galego acometerá a implantación de equipamentos de climatización nas estancias afectadas con cargo ao plan de obras menores xudiciais.
Prevese que os equipos estean operativos pouco despois da súa instalación.
A solución definitiva, matiza a Xunta, chegará cun proxecto que abordará, ademais, outras cuestións de eficiencia enerxética e que se incluirá no plan de eficiencia enerxética en infraestruturas xudiciais do goberno autonómico.
Para o período 2014-2020 executaranse obras por importe de 12,5 millóns de euros, o que permitirá que, unha vez realizadas todas as medidas, se reduza o consumo de enerxía en máis 3 millóns de quilowatts ao ano.
O proxecto de Pontevedra se atopa en fase de tramitación.
Relacionadas:
-
A Audiencia de Pontevedra, un edificio máis eficiente que reduce un 11% as emisións de CO2 e un 18% o consumo enerxético
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Denuncian a ausencia de vixilancia e seguridade nos xulgados de Germán Adrio
Por Redacción |
-
Funcionarios "achicharrados" reclaman a climatización urxente da Audiencia Provincial
Por Oskar Viéitez |