A asociación Os Trazantes de Tenorio quere desmarcarse das loitas políticas polo caso María Pichel
Por Redacción
A asociación Os Trazantes de Tenorio emitiu un comunicado despois de ter aparecido en distintas informacións relacionadas coa dimisión da concelleira de Cerdedo-Cotobade, María Pichel.
Pichel fora presidenta deste colectivo cultural e cesou no cargo o 28 de abril. A agrupación recoñece a súa implicación e bo labor que en moitas ocasións mantivo no grupo.
Con todo, engaden que a nova directiva que se fixo cargo da asociación comprobou que había irregularidades e que existía falta de fondos. Ante este problema, sinalan que pediron as explicacións á anterior presidenta e nunca as obtiveron. Indican tamén que era evidente unha mala xestión do diñeiro do colectivo.
Ademais, a nova directiva afirma que solicitaron a documentación do grupo e non foi facilitada nin tampouco se chegou a esclarecer o estado das contas. Ante esta situación, a asociación decidiu emprender unha nova xestión partindo de cero.
Os Trazantes de Tenorio aclaran que non forman parte de ningunha loita política nin foron partícipes de declaracións de ningún grupo político. Afirman que son unha asociación con voz propia e imparcial. Reclaman respecto para unha agrupación que se dedica á recuperación e ensalzamiento das tradicións e o folclore galego.
Relacionadas:
-
O BNG pide aclaracións a Cubela sobre os fondos públicos outorgados aos Trazantes de Tenorio
Por Oskar Viéitez |
-
Cubela critica que o PSOE queira "enmerdar" ao Concello cun suposto caso de malversación
Por Oskar Viéitez |
-
Presenta a dimisión a concelleira do PP en Cerdedo-Cotobade, María Pichel, denunciada por malversación
Por Oskar Viéitez |