O goberno local de Cuntis presume da xestión económica do Concello
Por Oskar Viéitez
O goberno local do Concello de Cuntis deu conta da liquidación presupuestaria do orzamento xeral do ano 2016 que tivo un resultado positivo cun saldo de 360.206,25 euros, tal e como reflexa o interventor municipal no seu informe.
Cabe recordar que o concello si ten que mellorar nestes momentos o periodo medio de pago a proveedores que se atopa por enriba dos 30 días, situándose nestes momentos nun prazo medio de 45 días.
Dende o goberno local destacaron o "traballo intenso" levado a cabo para mellorar a situación económica do concello xa que no ano 2015 tivo que facer fronte a unha modificación de crédito para poder afrontar gastos pendentes e recompoñer as arcas municipais, aprobando un orzamento cunha débeda que superaba o medio millón de euros.
Nestes momentos o concello de Cuntis conta con un endebedamento cero
Nestes momentos o concello de Cuntis conta con un endebedamento cero, o cal lle permite afrontar un horizonte "claramente máis saudable" en canto ás suas contas.
"Quedan atrás a realización de plans económicos finacieros e incumprimentos da regra de gasto", aspectos que o goberno local considera "fundamentais " nas contas dunha entidade local como é Cuntis. "Cremos que é froito dun goberno local que afronta os seus problemas de fronte e, encauzou a situación económico-financieira do concello", sinalaron.
"Seguiremos a traballar para mellorar o periodo medio de pago, dado que nestes momentos xa se atopa cuberta a praza de interventor a tempo completo, despois de dous anos de acumulación da mesma", engadiron dende o goberno local.