Tino Fernández pide explicacións sobre a recepción do estadio de Pasarón
Por Oskar Viéitez
"A recepción de Pasarón necesita, como mínimo, unha explicación na comisión que corresponda", indicou Tino Fernández, portavoz do grupo municipal do Partido Socialista no Concello de Pontevedra tras presentar unha solicitude neste sentido.
O portavoz do PSOE local considera que o documento "transmite claramente o pasteleo entre o BNG de Lores e Mosquera e o PP de Louzán neste asunto" polo que esixe que expliquen este asunto "con calmiña" xa que, ao seu xuízo, a recepción que se fixo "trata de botar terra sobre un asunto que escoce tanto ao PP como ao BNG".
Tino Fernández asegura que na Deputacion "conseguen desfacerse dun morto importante" mientras que o goberno municipal de Pontevedra "asume unha infraestrutura sen facer antes un estudo rigoroso da súa situación".
O portavoz socialista sinala que a historia da reforma do estadio de Pasarón é "un conto para non durmir". Unha obra que ía custar 7,2 millóns e acabou custando mais de 16 e "un pacto tácito entre PP e BNG para deixalo correr", apuntou.
Ademais mostrou a súa desconformidade con que ambas as intituciones non fixesen unha "inspección conxunta que permitise coñecer o estado da obra e no caso de haber deficiencias, negociar quen se fai cargo delas". "Asumimos unha obra a cegas", lamentou Tino Fernández.
Relacionadas:
-
Tino Fernández, "estupefacto" coa designación do arquitecto da obra do novo local social do Burgo
Por Redacción |
-
Pasarón regresa a mans do Concello, cinco anos despois de concluír as obras
Por Alejandro Espiño |
-
Tino Fernández esixe á Deputación que corrixa as deficiencias de Pasarón antes de entregalo ao Concello
Por Alejandro Espiño |
-
Mosquera acusa a Tino Fernández de "andar enredando" con Pasarón
Por Oskar Viéitez |