Mosquera acusa a Tino Fernández de "andar enredando" con Pasarón
Por Oskar Viéitez
"Cando non se quere resolver un asunto, estase coa táctica de papel vai, papel ven", afirmou o concelleiro nacionalista, César Mosquera. Iso é o que, ao seu xuízo, está a facer o seu compañeiro no goberno local, o concelleiro socialista, Agustín Fernández.
A reacción de Mosquera xorde despois de coñecerse que o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, acaba de recibir o informe solicitado aos técnicos no que rexeitan que o Concello de Pontevedra recepcionase o Estadio de Pasarón. Mosquera valorou este informe como "absolutamente irrelevante".
César Mosquera xunto ao resto dos concelleiros do BNG e a Deputación esgrimen o principio da "recepción tácita" ao transcorrer máis dun ano dende que a institución provincial recibiu as obras formalmente e que completou a documentación remitida ao concello.
O edil nacionalista comparou a actitude de Tino Fernández coa do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda co proxecto de construción dun edificio xudicial na Parda. "Eu non sei quen creou táctica que aplica Rueda con Pontevedra con verdadeira fruición e que agora está a aplicar Agustín Fernández", dixo Mosquera "na Parda hai un ano que tiña que empezar ás obras e ten a disposición os terreos, non lle dá a gana de facer o Edificio Xudicial entón dí que a súa asesoría xurídica di que lle falta un papel".
Por contraposición, Mosquera citou o exemplo da Deputación "que fixo ás obras no Edificio de Educación e o papel último aínda hoxe está en trámites".
En canto ao Estadio de Pasarón "a Deputación rematou ás obras por completo, recepcionounas e non ten ningunha obriga de manter o campo, entón pois non é de ninguén, pois xa está, chámelle como queira", indicou Mosquera. "Se queremos seguir dando voltas cos papeis pois fagamos como Rueda", remachou.
"Outra cousa é que se descubra que na execución das obras se descubra que alguén, funcionarios, empresa, técnicos responsables ou políticos fixo algo que non debía facer, entón si que lle dean leña", concluíu.
Relacionadas:
-
Tino Fernández pide explicacións sobre a recepción do estadio de Pasarón
Por Oskar Viéitez |
-
O Pontevedra CF terá que facerse cargo do mantemento de Pasarón desde novembro
Por Alejandro Espiño |
-
Un informe xurídico supedita a recepción do Estadio de Pasarón a unha inspección municipal
Por Redacción |
-
Fiscalía pide todos os expedientes relativos ás obras de Pasarón
Por Redacción |
-
O concelleiro Agustín Fernández afirma que o PSOE apoia a súa denuncia polo sobrecusto de Pasarón
Por Redacción |
-
Agustín Fernández anuncia en Facebook a súa denuncia contra a "sinvergüenzada" de Pasarón
Por Redacción |