Os salóns de peiteado de Pontevedra "rizan o rizo" e sacan os seus negocios "a pé de rúa"
Por Alejandro Espiño
A Pé de Rúa, o programa de Pontevedra Capital Shopping que busca promocionar e dinamizar o comercio local da cidade do Lérez, apostará esta fin de semana por un evento radicalmente diferente ao de xornadas anteriores. Trátase de Rizando o rizo, unha actividade que estará protagonizada polos negocios relacionados coa beleza e a estética.
Así, salóns de peitado, barberías, salóns de estética ou estudos de manicura, entre outros, sairán á rúa e converterán a rúa Michelena e a praza de España nun auténtico salón de beleza ao aire libre. Será este sábado 27 de maio, a partir das cinco da tarde.
Un total de 22 establecementos de Pontevedra, Marín e Poio participarán nesta iniciativa que, segundo explicou a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, ten como obxectivo favorecer a visibilidade dunha actividade profesional de gran peso na cidade.
Pero será tamén unha xornada reivindicativa, xa que a edil do BNG lembrou que o sector leva arrastrando problemas desde hai tempo. A súa actividade está gravada co 21% de IVE, unha situación "inxusta" que non se solucionou polas "falsas promesas" do Goberno e que, só en Pontevedra, segundo o sector xerou unhas perdas do 34% na súa facturación.
A presidenta da Asociación Profesional Provincial de Peluqueros y Peluquerías de Señoras, Elvira Fernández, explicou que a idea desta actividade é "estar na rúa" e que os establecementos poidan "promocionar os seus centros".
Para iso, ocuparán unha carpa duns 100 metros cadrados na praza de España e que converterán nun salón de beleza, con sala de espera incluída e cabinas para cada un dos participantes. Nela, o público poderá cortar o pelo, facer unha manicura, renovar o deseño das súas cellas, arranxar a barba ou probar a nova depilación con fíos.
Os prezos serán económicos -cinco euros a maquillaxe ou o peiteado, tres euros a depilación e deseño de cellas e un euro a manicura-. Todo o diñeiro que se recade será doado á Asociación Palestino Andalusi para a Infancia, unha ONG que se dedica a traer nenos palestinos a España para que poidan ser operados dos seus problemas de visión.
Ademais, o evento contará cun desfile, que se celebrará ás 18.30 horas, co que estes establecementos "iremos dá man" da moda.
Relacionadas:
-
14 salóns de peiteado, barberías e centros de maquillaxe levarán este sábado o mellor 'look' á rúa con 'Rizando o Rizo'
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
'Rizando o rizo' en plena rúa Michelena
Por Diego Espiño |
-
O 90% dos comercios das galerías Oliva promoven os seus negocios con 'A Pé de Rúa'
Por Redacción |
-
A Pé de Rúa chega ás galerías da Oliva con descontos, obradoiros, roteiro e degustacións
Por Redacción |
-
O Capital Shopping saca 31 comercios á rúa con descontos e actividades para todos os públicos
Por Redacción |
-
O Capital Shopping ponse a pé de rúa con accións imaxinativas para promover o comercio local
Por Redacción |