'Rizando o rizo' en plena rúa Michelena
Por Diego Espiño
Éxito de público e participación nunha nova xornada de A Pé de Rúa, o programa de Pontevedra Capital Shopping que busca promocionar e dinamizar o comercio local.
Nesta ocasión estivo protagonizado por negocios relacionados coa beleza e a estética, ademais da moda.
Unha carpa instalada en plena rúa serviu para que salóns de peiteado, barberías ou salóns de estética e maquillaxe convertesen o centro da cidade nun gran salón de beleza.
Desde a súa apertura, a primeira horas da tarde, foron moitos os que se animaron, a prezos económicos, a cortar o pelo, a barba, peitearse ou maquillarse á vista da xente.
A xornada completouse ademais cun desfile de moda no que participaron nove establecementos comerciais da cidade contando con modelos de todas as idades e levantando unha gran expectación.
As actividades de 'Rizando o rizo' estiveron coordinadas pola concellería de Promoción Económica e aAsociación Profesional Provincial de Peluqueros y Peluquerías de Pontevedra, que destinará os beneficios da recadación á Asociación Palestino-Andalusí para a Infancia (APAINF).
Relacionadas:
-
14 salóns de peiteado, barberías e centros de maquillaxe levarán este sábado o mellor 'look' á rúa con 'Rizando o Rizo'
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
San Antoniño e Barcelos, escenario dunha programación cultural para impulsar o comercio
Por Alejandra Iannone |
-
O comercio local "planta cara" ao Black Friday
Por Alejandro Espiño |
-
Un sábado 'a pé de rúa' cos comerciantes de Cruz Gallástegui
Por Alejandro Espiño |
-
Os salóns de peiteado de Pontevedra "rizan o rizo" e sacan os seus negocios "a pé de rúa"
Por Alejandro Espiño |
-
O 90% dos comercios das galerías Oliva promoven os seus negocios con 'A Pé de Rúa'
Por Redacción |
-
O Capital Shopping saca 31 comercios á rúa con descontos e actividades para todos os públicos
Por Redacción |