Máis de 150 candidatos para os premios Julio Camba e Fernández del Riego de xornalismo
Por Redacción
O xurado dos premios de xornalismo Julio Camba e Fernández del Riego deberá elixir este 2017 entre un total de 154 artigos. O fallo darase a coñecer o 19 de xuño e cada gañador levará 6.000 euros.
En concreto, 137 artigos optan a gañar a XXXVIII edición do Premio de Xornalismo Julio Camba para artigos escritos en castelán e 17 á XIV edición do Premio Fernández del Riego para artigos realizados en lingua galega.
Os galardóns, convocados por Afundación e o ámbito cultural de El Corte Inglés, están dirixidos a artigos incluídos no xénero do xornalismo literario ou ben no de artigo de opinión, coa única condición de que só se presentase un texto por autor e que fose recollido entre o 1 de xaneiro e o 31 de deciembre de 2016 en calquera medio de comunicación, impreso ou dixital.
A última edición gañárona Ramón Loureiro e Tamara Montero. Entre os gañadores recentes atópanse Pedro Ugarte, Carlos Casares, Fina Casalderrey, Carlos G. Reigosa, Rosa Aneiros, Miguel Anxo Murado, José Montero Alonso, Rafael Landín Carrasco, Andrés Trapiello, Manuel Rivas, Santiago Lamas, Ángeles Caso, Manuel Jabois, Fernando Savater, Manuel Darriba, Luis Ventoso, Manuel Bragado, Ignacio Camacho ou Luís Pousa
Relacionadas:
-
Miguel-Anxo Murado e María Varela recollen os premios Julio Camba e Fernández del Riego de xornalismo
Por Redacción |
-
Miguel-Anxo Murado e María Varela, gañadores dos Premios Julio Camba e Fernández del Riego
Por Anxo Lourido |
-
Ramón Loureiro e Tamara Montero, gañadores do Julio Camba e do Fernández del Riego
Por Anxo Lourido |
-
Ignacio Camacho e Luís Pousa xa teñen os seus premios Julio Camba e Fernández del Riego
Por Cristina Saiz |
-
Ignacio Camacho e Luis Pousa, premios Julio Camba e Fernández del Riego de xornalismo
Por Alejandro Espiño |
-
Manuel Bragado e Luis Ventoso reciben os premios de xornalismo Fernández del Riego e Julio Camba
Por Redacción |
-
Luis Ventoso e Manuel Bragado, premios Julio Camba e Fernández del Riego 2014
Por Natalia Puga |