Pontevedra renovará a súa cartografía catastral
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra necesita saber con exactitude o parque de edificios de todo o municipio, polo que iniciou os trámites para renovar a súa cartografía catastral.
O goberno local manexa un orzamento de 134.915 euros e un prazo de execución será de catro meses para que unha empresa externa elabore estes traballos.
A actual cartografía foi elaborada no ano 2004 pola empresa Altais con motivo da redación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
Está previsto que o Concello adxudique este mapeo nos próximos días.
Ademais das fotografías aéreas os adxudicatarios terá que cotexar os resultados sobre o terreo para dispoñer de información exacta da situación de todos os inmobles, leiras e demais elementos do territorio.