Tapar gretas e quitar malas herbas
Por Oskar Viéitez
Varias son as zonas onde se está actuando no Concello de Marín en melloras en tramos de cruces moi deteriorados por gretas no asfalto.
Este mércores acometíanse melloras no paso de peóns entre a Avenida de Ourense e rúa A Estrada, na zona da Estrada á altura do instituto e en dous tramos da rúa Busto de Arriba na súa intersección con Jaime Janer e Ezequiel Massoni, tratando de mellorar en accesibilidade os tramos comprendidos nos pasos de peóns.
Posteriormente levarán a cabo labores de pintado que serán realizadas prioritariamente pola noite.
PLAN DE ROZAS
Mentres tanto as rozas continuarán nos próximos días nas zonas de Carragal, Casal, Viñas Brancas e os Bravos.
Relacionadas:
-
Aproban medio millón de euros do Plan Concellos para Marín e Portas
Por Redacción |
-
Acometen o asfaltado da contorna do pavillón da Raña
Por Oskar Viéitez |
-
Coa primavera Marín comeza as rozas dos camiños e viarios do rural
Por Redacción |
-
Marín destinará case 85.000 euros para pavimentar camiños rurais
Por Redacción |