Dez vendedoras de Pontevedra participarán no mercado de palmas
Por Redacción
Con motivo do tradicional Domingo de Ramos, un ano máis as inmediacións da rúa César Boente converteranse de forma puntual nun mercado de palmas e ramos de loureiro.
Este mercado, que ocupará a parte frontal da praza de abastos, estará aberto durante os dous próximos días, venres 7 e sábado 8 de abril.
Segundo informa o Concello, nesta ocasión instalaranse dez postos de venda, un número similar ao dos últimos anos.
Todas as vendedoras son de Pontevedra e seis delas proceden da parroquia de Campañó.