O parque infantil da Alameda, pechado por obras ata Semana Santa
Por Redacción
Un profundo lavado de cara realizará o Concello de Marín ao parque infantil da Alameda, o máis grande o municipio e o máis utilizado polos nenos marinenses.
O goberno municipal decidiu pechar ao público este parque durante tres semanas, para poder acometer unha serie de traballos de conservación e mantemento.
As obras comezarán este mércores 15 de marzo, polo que o Concello espera poder reabrir as instalacións antes de Semana Santa, para que os nenos poidan gozar das súas vacacións escolares nunha contorna máis adecuada e segura.
Así, mentres pezas, cadeas, asentos ou parafusos son repostos de forma continua para garantir a seguridade, o deterioramento do chan sobre todo nas zonas de caucho fai necesaria esta actuación, xa que os parches que se viñan poñendo xa non son unha opción viable en moitos sitios.
Pecharase todo o perímetro do recinto, para proceder á substitución do caucho e do céspede artificial, así como unha posta a punto de todos os xogos