Reapertura do parque infantil da Alameda
Por Redacción
Desde este sábado 1 de abril os máis pequenos de Marín poderán volver xogar nun dos seus parques infantís preferidos, o que se atopa xunto á Alameda.
O Concello anunciou a reapertura das instalacións unha vez cocluidos os traballos de renovación levado a cabo durante as últimas semanas.
A remodelación centrouse no chan de caucho, o céspede de herba sintética e a mellora dos elementos que se atopaban en peor estado.
O parque sufrira unha forte deterioración no chan debido principalmente ao seu intenso uso durante estes últimos anos, xa que a diario recibe a visita de multitude de nenas e nenos do municipio debido á súa céntrica situación.