A mediación da Policía Local segue resultando efectiva en máis da metade dos casos
Por Redacción
A mediación comunitaria policial segue funcionando. Máis da metade dos asuntos entre particulares nos que mediou a Policía Local de Pontevedra durante o último ano resolvéronse satisfactoriamente para ambas as partes.
Así se recolle na memoria relativa ao grupo de mediación relativa ao ano 2016, un servizo que pretende evitar que os conflitos deriven nunha situación máis grave ou terminen nos tribunais.
Durante o último ano a Policía Local mediou en 42 causas, cunha taxa de solución satisfactoria para os implicados do 57% (24 casos).
Pola contra, en 4 casos non se aceptou a mediación, en 4 máis o conflito non era susceptible de mediación, noutros 4 casos non se solucionou e 6 máis atópanse actualmente en trámite.
A maioría das solicitudes de mediación débense a conflitos entre veciños e fimiliares (24 casos), pero tamén a separación de propiedades (6), problemas comunitarios (4), dereitos de paso (4) ou alugueres (4).