Os alumnos do Barcelos sacan sobresaliente en "enerxías renovables"
Por Oskar Viéitez
Alumnos de 3º e 4º de primaria dos colexios Barcelos, A Carballeira, Príncipe Felipe e Nuestra Señora de los Dolores, acolleron o taller itinerante Granxa Enerxía, promovido por Endesa Educa.
A actividade, realizada nos propios centros docentes, pretende que os estudantes dos últimos cursos de Primaria diferencien que hai dous tipos de enerxías: renovables e non renovables.
Mediante unha serie de experimentos que un monitor propúxolles os rapaces aprenderon como o movemento das súas pernas ao pedalear nunha bicicleta pódese converter en enerxía eléctrica mediante unha dinamo. Ademais descubriron como quentar a comida un día de sol, utilizando unha cociña solar.
Ou que se pode aproveitar a fonte inagotable das enerxías renovables como a do aire cos aeroxeneradores, a do auga coa microturbinas e a do sol con paneles fotovoltaicos e coletores solares.
En definitiva "sostenibilidade e eficiencia enerxética", unha asignatura aínda pendente na sociedade actual.