Cidadáns solicita que se emenden as deficiencias das instalacións deportivas da Xunqueira
Por Redacción
O grupo municipal de Cidadáns en Pontevedra presentou unha moción na que solicita que se solucionen as deficiencias e carencias das instalacións deportivas da Xunqueira.
Concretamente, preténdese que os técnicos responsables realicen un informe para coñecer o estado no que se atopan e así poder priorizar as accións máis urxentes, acometendo posteriormente o resto.
Na moción tamén se pide que se acondicione o almacén para poder así cubrir as necesidades de todos os clubs que adestran nestas instalacións e precisan gardar alí o seu material.
Para a concelleira María Rey resulta "inadmisible o estado de abandono" destas instalacións e asegura que moitos pais e clubs trasladáronlle a súa "preocupación" polas condicións nas que se practica deporte alí.
A edil laranxa destacou que a situación na que se atopa A Xunqueira "volve poñer de manifesto o deixamento que sofre o deporte pontevedrés".