O Grove contratará a 26 persoas coas achegas da Deputación
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar este venres a sétima concesión de subvencións, nesta ocasión por un total de 526.719,25 euros do Plan Concellos 2017.
Entre outros concellos, esta cantidade será destinada ao Grove para que poidan contratar a 26 persoas.
Con estas sete achegas, a institución provincial leva xa investidos en pouco máis dun mes un total de 6.865.700,15 euros.
O Grove recibirá 174.742,22 euros para a contratación destes 26 traballadores.