O Grove destinará máis de 400.000 euros da Deputación ao seu futuro auditorio e escola de música
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha importante achega ao concello do Grove encadrada na liña de investimentos do Plan Concellos 2016.
Trátase dunha axuda por un importe de 407.412,04 euros cos que O Grove actuará no seu futuro auditorio e escola de música.
Ata o de agora, O Grove xa recibira do Plan Concellos 2016 outros 67.587,96 euros precisamente para elaborar o proxecto técnico do auditorio e a escola de música, 56.933,29 euros para sufragar gastos correntes, 27.000 euros para o financiamento de diversas actividades culturais, sociais ou turísticas (as Xornadas da Centola, regatas de dornas, as actividades culturais da Festa do Marisco, a Gala Municipal do Deporte, a Carreira Popular, a Liga de Fútbol, o XXIII Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey e un proxecto de dinamización en igualdade e prevención da violencia de xénero) e, por último, 162.270,96 euros para a contratación de 30 persoas nos servizos municipais.
Os 721.204,25 euros investidos ao abeiro do Plan Concellos 2016 no Grove representan o 100% do seu orzamento neste plan de cooperación municipal.