Quince veciños de Pigarzos reclaman indemnizacións a Fenosa polos cortes de luz
Por Redacción
O secretario da Asociación de Veciños de Pigarzos e concelleiro do PSdeG-PSOE no Concello da Lama, Enrique Vaqueiro, deu a coñecer un escrito asinado polos quince veciños residentes durante todo o ano na aldea de Pigarzos, na que reclaman a Fenosa unha indemnización polas oitenta e sete horas nas que non contaron co servizo estes días de tormenta.
A reclamación presentouse este martes nas oficinas xerais da compañía, na que se valoraron as perdas económicas de alimentos conxelados que tiveron os veciños en días pasados, así como unha serie de incomodidades para as persoas máis maiores.
A reclamación coincide coa convocatoria dun pleno extraordinario forzado polos socialistas nos que tamén se esixen responsabilidades á Consellería de Industria da Xunta de Galicia, por falta de inspección e pídeselle que abra un expediente á empresa eléctrica.
Vaqueiro tamén felicitou publicamente á empresa local Eléctrica de Moscoso, que distribúe noutra zona da Lama e outros concellos, a cal tivo un "comportamento profesional, rápido e resolutivo" coas avarías da súa actuación, non deixando ás e os veciños con máis de seis horas sen subministración.
Relacionadas:
-
A Lama reproba a Fenosa e reclama indemnizacións para os veciños que sufriron cortes de luz
Por Redacción |
-
A Lama pide a Industria que esixa responsabilidades a Gas Natural Fenosa polos cortes de luz
Por Redacción |
-
80 horas sen electricidade: "En este siglo, no pueden dejar cuatro días a los clientes sin luz"
Por Natalia Puga | Creada e actualizada