2.796 pontevedreses son orixinarios doutros países
Por Oskar Viéitez
O Instituto Nacional de Estatística (INE) indica que no municipio de Pontevedra un total de 2.796 veciños son orixinarios doutros países.
Trátase de pontevedreses naturais, principalmente, de Marrocos (346), Brasil (305), Colombia (238) e Portugal (236). Tamén resulta significativa a colonia de senegaleses (149), chineses (138) e venezolanos (123).
O INE tamén reflicte que en Marín o 3,4% do censo total é poboación de orixe foránea. En concreto son 843 estranxeiros. De novo os marroquís son maioría (189 persoas) do mesmo xeito que ocorre en case todos os concellos da comarca.
En Sanxenxo conta con 429 veciños orixinarios doutros países e en Poio son 514 estranxeiros, Caldas (248), Vilaboa (176), Ponte Caldelas (89), A Lama (83), Cuntis (67), Moraña (63), Cotobade (50), Barro (41), Portas (31) e Campo Lameiro (19).
Os datos mostran un descenso de veciños estranxeiros censados en toda a comarca, un factor que, xunto á caída da natalidade é unha das razóns do descenso demográfico.