Marín reformará por 142.000 euros o acceso á piscina
Por Oskar Viéitez
O goberno local de Marín iniciou os trámites para mellorar o camiño da Raña que dá acceso á piscina municipal. Para este labor está previsto un 142.404,96 euros.
O proxecto municipal pretende facilitar a accesibilidade e ofrecer seguridade viaria, a través da creación dunha beirarrúa con anchos de 1,50 ou 2 metros en formigón visto coloreado, encintadas con bordo de formigón prefabricado e dispoñendo espazo para o estacionamento de vehículos.
Eliminaranse as barreiras arquitectónicas establecendo condicións de accesibilidade e modernizarase a iluminación pública. Ademais se ajardinarán as superficies residuais e instalarase unha sinalización adecuada no viario.
Obviamente, tamén será necesario rehabilitar o maltreito pavimento da calzada.
O viario dispoñerá de dous carrís de circulación rodada con anchos de 2,50 e 3 metros e prazas de estacionamento en batería.