Ponte Caldelas rexistrou máis de 50 incidencias durante os temporais de vento e choiva
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas fixo balance dos danos provocados polos temporais das últimas horas, que obrigaron a realizar medio cento de intervencións por parte dos servizos de emerxencia.
A caída de árbores foi a principal dificultade, xa que en case unha vintena de casos chegaron a obstruir estradas locais, provinciais ou autonómicas, sendo necesaria a súa retirada oara reestablecer a circulación. Ademais tamén afectou a caída de árbores, polo menos, a dúas casas na Insua e a unha terceira en Cuñas.
Outras dúas árbores caeron sobre o paseo da Calzada, provocando a rotura das varandas, unha zona que ademais se viu afectada polo desbordamento do río Verdugo. A crecida sorprendeu de feito a unha persoa que se atopaba durmindo no seu coche no aparcadoiro da praia fluvial e que tivo que ser axudada para abandonar a zona. Ademais o río comezou a arrastras moitas ramas provocando situacións de risco por aumulación de obxectos na ponte.
Na zona da Calzada tamén quedaron inclinadas varias árbores en situación perigosa que será necesario retirar nos próximos días.
Os danos nas propiedades municipal céntranse na caída de varios farois ou de dúas luminarias, mentres en Cuñas rompeu o cableado da iluminación pública por mor dunha árbore. Os cortes de luz foron constantes do mesmo xeito que noutros puntos da comarca, aínda que segundo o alcalde, Andrés Díaz, non tiveron afortunadamente unha duración excesiva.
A que si estivo cortado durante bastante tempo foi o sinal de televisión, na tarde do venres, por unha avaría na estación repetidora de Pazos, obrigando ao alcalde para poñerse en contacto coa empresa pública Retegal para a súa reparación xa que non estaba previsto acometer os traballos ata o luns.
En canto ao centro urbano, as incidencias foron menores, limitándose a unha caida de tellas, rotura dos cristais nunha fachada, caída de colectores, un atasco no depósito de abastecmiento de auga ou a inundación dalgúns baixos e garaxes.
RECOÑECEMENTO ÁS BRIGADAS MUNICIPAIS
Un traballo sen descanso dos operarios da brigada municipal de obras, atendendo as chamadas dos veciños, que será recompensado. A Xunta de Goberno local pretende aprobar unha resolución para que sexan homenaxeadas publicamente na próxima Festa da Troita.
Relacionadas:
-
Corrixen as filtracións de pluviais no paseo polo río Verdugo
Por Redacción |
-
Pídenlle a Augas de Galicia que retire as árbores caídas no río Verdugo
Por Oskar Viéitez |
-
O PP acusa ao alcalde de Ponte Caldelas de tratar de enganar aos veciños coas axudas dos temporais
Por Oskar Viéitez |
-
Ponte Caldelas mellorará dez estradas danadas polo temporal
Por Redacción |
-
O temporal amaina dando paso a unha semana de nubes e claros con posibilidade de choivas débiles
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O río Gallo desborda en Cuntis e o asfalto abre en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Restrinxido o paso de peóns pola ponte da Barca polos danos do temporal
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Preto de 23.000 persoas na provincia seguen sufrindo cortes de luz polo temporal
Por Redacción |
-
VÍDEO.- A segunda noite de temporal deixa multitude de pequenas incidencias na comarca
Por Diego Espiño & Diego Torrado | Creada e actualizada