Os socialistas esixen explicacións pola "chapuza" da rúa Cruz Gallástegui
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do PSdeG-PSOE solicitará que o alcalde de Pontevedra ou o concelleiro delegado dean explicacións sobre a situación "chapuza en grao sumo" feita Cruz Gallástegui.
Os socialistas lembran que hai uns meses "de maneira absolutamente caprichosa", o goberno municipal "decidiu gastar máis de 60.000 euros" na dotación dunha plataforma única cun pavimento dunha tonalidade vermella. "Non cabe dúbida de que a obra foi unha chapuza consistente nun simple recrecido do asfalto. Os resultados, á vista están, non son nin estéticos, nin funcionais", indicou o portavoz do PSOE, Agustín Fernández.
Ademais de cualificar de "auténtico malgasto" a esta "ocorrencia" aseguran que "o goberno do BNG conseguiu que unha rúa ordenadase convertese en algo caótico sen control algún", engadiu Tino Fernández que citou como exemplos a existencia de estacionamentos mal delimitados con vehículos aparcados nas beirarrúas ou os colectores retirados da rúa, polo que conclúe que a actuación foi "contraproducente e debe considerarse como un absoluto fracaso".
Os socialistas afirman que "non podemos quedar calados" mentres o modelo de cidade "que axudamos a construír", convértese en "unha simple campaña de autobombo do alcalde" ao que acusan de dirixir un goberno "que non só non xestiona adecuadamente os recursos públicos, senón que está en clara decadencia".