Cuntis completa a limpeza do vertedoiro clausurado en 2004
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A parcela que ocupaba o antigo vertedoiro de Cuntis, clausurado en 2004, xa se atopa en óptimas condicións de limpeza.
Así o asegurou o Concello de Cuntis, que procedeu esta semana a estas tarefas de limpeza, cumprindo o requirimento realizado pola Consellería de Medio Ambiente.
Estes traballos, segundo o equipo de goberno, fixéronse tanto de forma manual como mecanizada, e permitiron retirar toda a maleza que se acumula na parcela.
O goberno municipal cumpre así con esta orde da consellería, emitida hai case tres anos, e remitirá á Xunta nos próximos días os informes técnicos pertinentes.