Un décimo do 04536 deixa 125.000 euros nunha peña de Moraña
Por Redacción & Mónica Patxot
A falta do Gordo, calquera premio pode alegrarnos o día. Sobre todo se se reparten 125.000 euros. Ese foi o caso dunha peña que ten a súa sede social no bar Xolda, situado no concello pontevedrés de Moraña.
Un único boleto do número 04536, selado a través da máquina, foi o que levou a sorte ao establecemento, situado na Rúa Uno, no centro da localidade.
Este décimo, agraciado co segundo premio no sorteo de Nadal da Lotería Nacional, é compartido entre os 81 membros desta peña.
As escenas de alegría no bar sucedéronse ao longo de toda a mañá.
O de Moraña foi o premio de maior contía, sen contar pedreas e terminacións, que se entregou na área de influencia de Pontevedra neste sorteo.